Blogia
Blog de Claudia Cid

TRABALLO INDIVIDUAL CMC - ORIXE E EVOLUCIÓN DA TERRA

TRABALLO INDIVIDUAL CMC - ORIXE E EVOLUCIÓN DA TERRA

 

ORIXE E EVOLUCIÓN DA TERRA: O planeta Terra é o unico do sistema solar, que ten as características necesarias para a existencia de vida. A Terra ao longo dos anos foi evolucionando tanto na súa superficie como no seu interior.

§   Capas da parte sólida da Terra: Podemos clasificar as difentes capas da Terra tendo en conte a súa composición, características e espesor.

*    Modelo composicioal : Segundo a súa composición podemos clasificar as capas da Terra en: codia, manto e núcleo.

Ø     Codia: É a capa mais externa da Terra que esta en contacto coa atmosfera, bioesfera e hidrosfera. O seu grosor pode oscilar entre 5 e 10 km nos océanos (onde é mais delgada e mais densa) e aoredor de 33 km nos continentes (onde é mais grosa pero menos densa). Está separada do manto pola discontinuidade de Mohorovicic. Presenta duas variedades:

-  Codia continental: É mais grosa e lixeira. Ten un espesor medio de 35 Km. Está formada por silicatos de aluminio ainda que tamen abundan as rochas calizas. A codia continental é mais antiga que a codia oceánica.

- Codia oceánica: É moito mais densa que a codia continental e tamen máis delgada. Ten un grosor aproximado de 10 km. Está formada por silicatos mais densos.

Ø      Manto: É a capa intermedia da Terra. A codia e a parte superior do manto constituen a litosfera. Diferenciamos entre o manto interior (póde chegar a alcanzar unha profundidade de 2900 km) e omanto superior (chega ata os 670 km de profundidade).

Ø      Núcleo: É unha capa moi densa que se atopa a uns elevados niveis de temperatura e presión. Esténde dende os 2900  km de profundidade ata a centro da Terra. Está constituido por diferentes elementos coma o osíxeno ou o niquel. Diferenciamos entre núcleo externo (é fluido e é onde se xera o magnetismo terrestre), e o núcleo interno (é solido).

*    Modelo dinámico: Segundo a súa estructura dinámica podemos clasificar as capas da Terra en litosfera e astenosfera:

Ø      Litosfera: Está constituida pola codia e pola parte superior do manto, e se caracterizasa por ser ríxida. É mais grosa nos continentes (codia continental) e mais delgada baixo os océanos (codia oceánica). A litosfera está fragmentada en grandes porcions chamadas placas litosféricas que se separan ou chocan  con movementos moi lentos dando lugar as cadeas montañosas, os terremotos etc...

Ø      Astenosfera: Atópase baixo a litosfera e comprende a parte superior do manto. Ao ser moi fluida da lugar as chamadas correntes de convección que son as responsables do movemento das placas.

§         Orixe e evolución da atmosfera: A atmosfera formouse nos primeiros momentos da existendia do noso planeta, fai 4.500 millons de anos. Os gases procedian do interior da Terra e estaban a unha temperatura moi elevada. A atmosfera primitiva tiña uha composición diferente da actual posto que estaba constituida por diversos gases e non habia osixeno.                                                    Despois da súa formación a Terra enfriouse de maneira progresiva e parte do vapor de auga foise condensando, orixinando un largo periodo de chuvias que deu lugar a formación dos mares e océanos.  O osixeno apereceu cando durxiron os primeiros seres vivos, cambiando radicalmente a atmosfera e fancéndoa similar a actual.

§         Problema actual da Astenosfera: A astenosfera explicaba o continuo movemento dos continentes, e polo tanto a teoría da Tectónica de Placas, pero fai unha década esta teoría entrou en dúbida ao propoñerse un sistema alternativo onde a corteza se movera co manto interior ata o núcleo terrestre. Sen embargo esta proposta non conta cos datos suficientes como para definir a situación.

§         Teoria da Deriva Continental e a Tectónica de Placas:A teoria da Deriva Continental foi desarollada polo alemán Alfred Wegener en 1912. Afirmaba que os continentes actuais estiveran unidos no pasado formando un único continente chamado Panxea.  Wegener baseábase entre outras cousas na maneira en que parecen encaixar Áfica e América, e na aparición de fósiles de animais que non existian en ambos continentes. Pero esta teoría carecia dun mecanismo para explicar a deriva dos mesmos. Esta teoría foi evolucionando ata converterse na teoria da Tectónica de Placas que afirma que o desprazamento é causado grazas as correntes de convección do manto que da lugar ao movemento das placas litosféricas.

 

     TECTÓNICA DE PLACAS

§         Concepto: As placas tectónicas son fragmentos de litosfera que se desprazan como un broque ríxido sobre a astenosfera da Terra.

§         Límites: Os límites das placas poden ser diverxentes, converxentes ou de fricción.

Ø      Límites diverxentes: É o borde que existe cando se produce a separación de dúas placas. Ten lugar nos océanos e da ludar a unha depresión denominada zona rift.

Ø      Limites converxentes: Teñen lugar cando chogan dúas placas: Poden chocar unha placa oceánica conta unha unha continental (zona de subducción); tamen poden chocar dúas placas continentais (é o caso da cordilleira do Himalaya); ou tamén poden chocar dúas placas oceánicas (o resultado é un arcio illa como é o caso de Xapón).

Ø      Límites transformantes ou de fricción: Teñen lugar cando dúas placas se deslizan ao longo dunha falla e poden dar lugar a importantes sismos.

§         Bordos de placas: Tendo en conta os movementos das placas podemos diferenciar entre vulcanismos, oroxénese e sismicidade:

Ø      Vulcanismo: A maior parte prodúcese no eixe das dorsais, pero ao ser submarino pasa moi desapercibido. Ten lugar nos límites diverxentes.

Ø      Oroxénese: Significa levantamento de montañas. Prodúcese pola converxencia das placas e caracterízase por ter unha sismicidade moi intensa.

Ø      Sismicidade: Prodúcense nos limites converxentes e de fricción, dando lugar a importantes sismos como os de interplaca.

§         Motor de placas: O motor das placas tectónicas son as chamadas correntes de convección, que teñen lugar cando os materiais da atmosfera fluen e se desprazan.

Ø      Modelo actual (astenosférico): Afirma que os movementos da litosfera son producidos pola astenosfera onde existen lentos movementos de convección.

Ø      Modelo de “avalanchas de plumas”: Conidera que a astenosfera non existe e que é o manto quen presenta un fluxo de materiais. A litosfera oceánica introdúcese dento do manto  e causa un movemento que producirá un ascendo ata a superficie de “plumas materiais” superquentes.

  • Ciclo de Wilson: Este modelo explica a formación e posterior evolución das placas tectónicas. Comeza coa fragmetación dun continente debido a acción dun punto quente. Iste foco provoca o adelgazamento e fracturación da atmosfera. Entón aparecerá un rift que evolucionará nun océano. Os continentes a ambos lados do rift serán costas sen actividade sísmica. Poseriormente producirase o enfriamento da corteza oceánica que finalmente se romperá e comezará a subducción da parte mais débil, entón xérase unha fosa que destrúe a codia oceánica. As placas tenderán a fusionarse formando un continente onde aparecerá un novo punto quente.

0 comentarios