Blogia
Blog de Claudia Cid

Tema 2 CMC - Sismos e tectónica de placas

 

  • Concepto: Liberación de enerxía elástica acumulada no subsolo que se reflexa nun movemento brusco da terra. O punto exacto onde se produce recibe o nome de hipocentro, e o punto en liña recta na superficie terrestre desde tal lugar é o chamado epicentro.

  • Ondas sísmicas: Son aquelas que se propagan desde o foco do sismo ata a superficie da terra. Podemos clasificalas en:

Ø Ondas P: (ou primarias) son as primeiras que chegan á superficie terrestre. Son ondas lonxitudinais.

Ø Ondas S: (ou secundarias) chegan á superficie da terra en segundo lugar. Son ondas transversais.

  • Sismogramas: Rexistro da actividade sísmica mediante a utilización dun sismógrafo. A medida deste aparello recole as fontes naturais (terremotos) como de fontes artificiais.

Os sismógrafos recollen a magnitude dun sismo, o que nos permite clasificar os temblores segundo a chamada Escala de Richter. Esta escala non ten un punto máximo, senón que depende do tipo de sismo. A escala que se encarga de medir a intensidade dos terremotos é a Escala de Mercalli.

Riscos sísmicos: Considérase risco sísmico a aquel que poida producir danos materiais, ou no caso dun forte temblor danos á población. Este risco varía dunha rexión a outra tendo en conta múltiples factores.

  • Explicación dos sismos según a Tectónica de placas: Os sismos son producidos debido ao movemento das placas tectónicas, e en particular, á fricción que se produce nos límites transformantes ao chocar dúas placas. Este movemento xenera unha acumulación de enerxía elástica sobre un determinado volumen de roca que ao fracturarse libera a enerxía en todas as direccións.

  • Terremotos e maremotos máis destructivos:

Ø Pakistán- 80.000 mortos en Cachemira (7.6 graos intensidade).

Ø Tsunami na illa de Sumatra- 300.000 víctimas (9 graos).

Ø Perú (2007)- 595 mortos (7.9 graos)

Ø San Francisco (1906)- 2500 mortos (máis de 8 graos)

Destacamos estes sismos fundamentalmente pola súa intensidade, e polo número de mortos no caso de Pakistán e sobre todo o da illa de Sumatra onde ademais das víctimas houbo millóns de desaparecidos.

Traballo realizado por:

- Mª Jesús Aguiar Pazos, nº 1

- Claudia Cid Nieto, nº 9

- Lara Salgado Santos, nº 25

 

0 comentarios